campaña

A campaña que aquí vos presentamos é resultado do traballo, busca, preguntas, debates, etc, que entre tod@s nós fixemos ao longo de todo o curso. Esta campaña ten tres partes ben claras:

1. Busca da información. Isto foi todo o traballo previo. Como resultado disto tedes toda a información que aparece na presente páxina web.

2. Preparación da campaña. Debates e conversas que fixemos na clase (e fóra dela) para ver como, onde, que e cando iamos distribuír a información que obtiveramos nas nosas investigacións previas.

3. Execución da campaña. Consistiu en:

3.1. Pegada pola vila de adhesivos coa frase "Algo está pasando..."

Buscabamos crear na xente unha curiosidade polo que puxemos unha frase sen resolver.

3.2. Realización dun vídeo sobre os prexuízos lingüísticos.

Decidimos realizar un vídeo sobre prexuízos lingüísticos pois queremos que o galego recupere falantes e, polo tanto, necesitamos que a xente coñeza primeiro cales son as ideas que ten que mudar.

3.3. Proxección do vídeo no centro da vila.

Para resolver a incerteza que lle crearamos á xente cos adhesivos, decidimos resolvela, proxectando o vídeo no centro da vila.

 

Aí vos deixamos o vídeo para que o vexades...