linguas españolas

En España fálanse actualmente máis de 7 linguas, pero só 4 son consideradas oficiais. Dende o principio todas as linguas do país, agás o castelán, tiveron un desenvolvemento similar, con épocas de esplendor e épocas de represión, fora polos reis Católicos ou pola ditadura franquista. A única diferenza na súa evolución ata a actualidade radica nas súas medidas de normalización nos últimos anos ou se cadra no ano no que fixeron a súa primeira gramática.

 

O castelán foi unha lingua de prestixio dende a decadencia do galego-portugués na Idade Media ata os nosos días sempre apoiada polos dirixentes españois, o que lle permitiu acadar unha gramática moi desenvolvida, un grande número de falantes, e a ausencia de problemas de desaparición, como tiveron ao longo da súa historia o resto de linguas de España, coma o vasco ou o catalán hai uns poucos anos, ou o galego, o bable, etcétera., na actualidade.

 

Respecto ás diferentes normalizacións realizadas para as linguas minoritarias en España temos, por exemplo, o caso de Cataluña que comezou este proceso no ano 1983, algo que o galego non faría dunha maneira máis seria ata o 2003.

O catalán realizou o súa primeira gramática e o seu primeiro dicionario no ano 1933, algo que non realizou a lingua galega ata a década dos 80 (pese a intentos anteriores á guerra civil)

 

O vasco tamén conseguiu grandes resultados cun proceso normalizador parecido ao galego en poucos anos coa aparición de ikastolas(escolas de ensinanza integral en vasco), que aínda que apareceron antes da guerra civil non rexurdiron ata a década dos sesenta, setenta, e non se normalizou a súa situación ata 1980.

En 1919 créase a Academia da Lingua Vasca, institución que vai supoñer un gran paso na busca dunha norma unificadora que non puido desenvolverse xa que despois da Guerra Civil Española, o vasco sufriu unha dura represión, ao igual que o catalán e o galego. Non obstante, a partir de 1968 intelectuais vascos inician a gramática.

 

En definitiva, todas as linguas oficias do estado español foron quen recuperar eidos nos seus propios territorios, algo do que debería aprender o galego (ou máis ben os seus lexisladores) para así conseguir que tódalas persoas que queiran utilizar o galego en calquera ámbito poidan facelo sen represións.

 

Agora analizaremos máis profundamente a situación da lingua catalá e vasca no seu aspecto normalizador.

 

Acorde coa lexislación o catalán é a lingua propia de Cataluña, Illas Baleares e a Comunidade Valenciana, ademais de ser a lingua oficial como tamén o é o castelán. En Andorra, o catalán é a única lingua oficial segundo o artigo 2 da Constitución do Principado de Andorra de 1993.

 

O 11 de decembro de 1990 o Parlamento Europeo aproba a "Resolución sobre a situación das linguas na comunidade e sobre a da lingua catalá". Esta resolución recoñece a identidade e a vixencia actual e o uso da lingua catalá no contexto da Unión Europea e propón a súa incorporación en determinadas actuacións das institucións europeas.

 

Nos medios de comunicación o catalán tivo un grande incremento nas publicacións dende 1976, tras 40 anos de prohibición, conseguindo na década dos 90 un 14% da publicación en prensa diaria, un 80% en radio. Na actualidade catro cadeas de televisión con emisión en catalán compiten en audiencia coas principais cadeas estatais.

 

Ao chegar a democracia, o vasco puido ser recoñecido como lingua cooficial no País Vasco, e en 1984 o congreso de Euzkaltzaindia puxo as bases para a normalización, chamadas batúa, necesarias debido á grande cantidade de dialectos que ten o vasco (polo menos 5). Estas bases desembocaron nun vasco estándar denominado euskera batúa. Estas normas ocasionaron a produción de libros, publicacións periódicas en vasco, e canles televisivos e de radio que axudan a difundir e normalizar cada vez máis a lingua.

 

A ensinanza do vasco nas escolas pode ter maior ou menor presenza segundo cada persoa, pois hai varios tipos de matriculación, tendo maioría a escolla de só en euskera.

 

Ademais gustaríanos mencionar tamén linguas non oficiais de España, que loxicamente se atopan nunha situación difícil. Algúns exemplo son: o aragonés, o asturleonés ou bable, que ten dúas variantes: a cántabra (montañés), e a estremeña (estremeño), as cales están tentando facer unha gramática na actualidade.