movemento social

Partido Popular

O partido popular (PP) é un partido político conservador e cristián fundado en 1989, conta con 709.000 afiliados sendo o que máis ten de España. Xurdiu da unión de Alianza Popular, que foi creado por Manuel Fraga como un partido reformista de centro, Partido Demócrata Popular e Partido Liberal. Podería dicirse que este partido foi fundado por o señor Manuel Fraga o cal acabaría sendo presidente da xunta de Galiza uns meses despois. Nos seus comezos foi creado para ser un partido de centro, pero nos últimos anos máis que de centro volveuse de dereitas e incluso segundo algunhas opinións ,de extrema dereita nas ultimas eleccións de España; o seu actual presidente é Mariano Rajoy.

PP de Galicia

Creouse á vez que o seu homologo español, no mesmo ano da creación do partido Manuel Fraga Iribarne gañaría as eleccións da comunidade galega por maioría absoluta e gobernaría ininterrompidamente ata 2005, ano no que una coalición de PSOE e BNG poría como presidente a Emilio Pérez Touriño por tan só un escano, a seguinte lexislatura Touriño sería vencido por Alberto Núñez Feijoo, candidato do PP e actual presidente da Xunta de Galicia gobernando por maioría absoluta,  Núñez Feijoo e tamén o presidente do PP de Galicia.

A opinión deste partido con respecto ao galego e moi diversa xa que non teñen un punto común, algúns deputados e membros do partido asistiron á manifestación de Santiago o pasado 20 de xaneiro, como por exemplo Rafael Cuíña deputado do PPdeG por Ourense e fillo de Xosé Cuíña man dereita de Fraga na Xunta nos seus tempos de goberno.

Nos anos de goberno do PP anteriores a 2008 respectouse a política lingüística asinada no estatuto de Galicia en 1981, pero este ano A. Núñez Feijoo xunto con outra parte do partido preparou un decreto que podería acabar en poucos anos co noso idioma.  Unha cousa e ser de dereitas e outra moi diferente e querer pór ao galego nunha situación moi desfavorable.

Pola outra banda (a de Feijoo) temos una completa desidia en canto ao galego non hai máis que pór a TVG e ver cando fala un conselleiro do PP que sempre ou case sempre falara primeiro en castelán e logo se cadra en galego.


PSDG-PSOE

O PSOE fundouse en 1879 por Pablo Iglesias seguindo o principio do marxismo da clase obreira e una postura socialista revolucionaria. O PSOE é un partido de esquerdas, é dicir, progresista e as súas ideas e valores residen, coa base na liberdade, en conseguir una sociedade mellor a través da igualdade, da solidariedade e na xustiza. Na actualidade, baixo o liderado de José Luís Rodríguez Zapatero, o PSOE preside o goberno de España, status que adquiriu ao gañar as eleccións de 2008.

 A súa federación autónoma en Galiza chamase PSdeG-PSOE ou Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, actualmente liderado por Pachi Vázquez, que estivo en fronte da Xunta de Galiza en 2005 con Touriño de presidente, grazas a un pacto cós do BNG, pero tras os 4 anos de mandato perderon co PP galego nas eleccións e Touriño dimitiu. Aínda que din que son un partido que busca a igualdade e a solidariedade, non teñen una postura fixa co galego e vanse ao terreo do paro e da economía con promesas que logo non cumpren, como todos os partidos políticos.

 Eles móllanse as mans  e van o que realmente importa na sociedade galega para, de este xeito, conseguir a presidencia xa que a sociedade actual non lle importa o galego e vai seguir a aquel partido que teña, segundo eles, máis responsabilidade e pense nas cousas importantes como é a recuperación do traballo e do diñeiro. Pero hai algún partidos que intentan facer algo por salvar a lingua, sen ir máis lonxe unha entrevista feita a Francisco Cerviño (PSdG-PSOE) a mediados de 2009 revelou declaracións contra o desenvolvemento do trilingüísmo que se quere implantar en Galiza do actual presidente Feijóo.

Cerviña dixo que non lle parece responsable deixar que os pais decidan sobre a lingua coa que estudan os seus fillos. É verdade que non é una solución moi boa pois a xeración dos nosos país esta chea de prexuízos contra o galego o que fai que a súa resposta inmediata vai ser en contra do galego. Cerviña tamén declarou que os problemas que teñan que ver coa lingua débense de tratar con extremo coidado pois é un tema delicado. Ademais un artigo da páxina galegos.org de xaneiro de este ano dinos que os de PSdG-PSOE néganse a facer ningún acordo co PP co seu actual decreto de normalización lingüística do uso do 33% do galego.

Eles fomentan o decreto do 50% de uso xa que segundo eles tivo bos resultados. Tamén din que eles queren unha convivencia entre o castelán e o galego, e que deixan elixir ao pobo a lingua que queira, pero que esta non pode ser coaccionada por axentes externos tales como o goberno. Segundo parece, este partido intenta protexer e axudar o galego de calquera forma posíbel. Boa conta diso é un artigo do 24 de abril que nos conta que o PSdG avalou a iniciativa de Entesa e do Grupo Mixto de implantar o galego no senado. Pero non só do galego, senón, de paso, da maioría das lingua cooficiais. Esta iniciativa, impulsada entre outros grupos polo BNG, viuse con apoio incondicional do PSdG-PSOE que, aínda coa negativa do PP, pode chegar ao consenso.


Bloque Nacionalista Galego

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é a principal organización política do nacionalismo galego.  Eles mesmos se definen como unha organización de esquerdas e nacionalista, cunha ideoloxía socialdemócrata, comunista, nacional galego, europeísta e pacifista; e dende o punto de vista organizativo, son unha fronte de partidos xa que nel se aglutinan unha ampla gama ideolóxica do nacionalismo. Dentro del conviven partidos nacionalistas coas súas propias asembleas e secretarios xerais. Algúns exemplos son: Encontro Irmandiño, Inzar, Esquerda nacionalista, Unión do Povo Galego…

O BNG ten un total de 9000 militantes, onde se inclúen concelleiros e alcaldes en moitos concellos de Galiza, deputados no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados de Madrid, e incluso chegou a ter un deputado no Parlamento Europeo (eurodeputado) que foi Camilo Nogueira. Na actualidade conta cun posto na Eurocámara rotatorio.
A fundación do BNG foi en setembro de 1982. Esta fundación levouse a cabo nun contexto sociopolítico  moi hostil, xa que foran expulsados do Parlamento dous partidos anteriores ao BNG, o BNPG e o PSG, a razón da súa expulsión foi manter unha ideoloxía de defensa da democracia  e tras negarse a xurar a Constitución Española.

A construción deste partido foi progresiva xa que en primeiro lugar nos anos 60 fúndanse dous partidos nacionalistas de carácter comunista e socialista que son Unión do Povo Galego (UPG) e o Partido Socialista Galego (PSG). No ano 1975 fúndase a Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) impulsada por Unión do Povo Galego como plataforma de mobilización social e base para conseguir unha futuro establecemento dunha candidatura electoral que representara aos nacionalistas. Finalmente no ano 1977 a UPG e a AN-PG formaron  o Bloque Nacional Popular Galego que concorreu ás eleccións. O seu principal principio é que Galiza, como nación que é, ten dereito á autodeterminación e ao exercicio da soberanía nacional.

O seu actual portavoz nacional é Guillerme Vázquez, que dende o ano 2009 está a substituír ao anterior portavoz Anxo Quintana. A súa coordinadora executiva é Teresa Táboas e na súa secretaría destacan na organización Montse Prado na Acción Social Rafael Vilar e Francisco García como o encargado das finanzas.
É sabido que nos últimos anos os dous grandes partidos españois, o PP e o PSOE están a facerse coa maioría dos votos non só nas eleccións xerais senón tamén nas eleccións autonómicas. Por esta razón o número de escanos que consegue o BNG no Parlamento Galego  e no Congreso se viu reducido nos últimos anos. No Parlamento de Galicia o número de cadeiras no BNG oscila arredor de 15, e no Congreso dos Deputados este partido conseguiu dende 1996 2 escanos agás no ano 2000, que, para sorpresa de todos conseguiron 3. O número de concelleiros, sen embargo, non parou de subir dende o ano 1990 e na actualidade o BNG conta con aproximadamente 700 concelleiros.
Entre os anos 2004 e 2008, conseguiu gobernar conxuntamente co PSOE na Xunta de Galicia, logo de rematar co dominio que o PP mantiña en Galicia con Manuel Fraga ao fronte.

Este partido, coma case todos, conta con unha organización xuvenil chamada Galicia Nova.

O BNG oponse a diversas medidas que o actual goberno da Xunta liderado por Feijóo tomou como son a desaparición das Galescolas, que servían como promoción da lingua galega, a desaparición do decreto 124/2007, aprobado durante o goberno do bipartito e que aseguraba un mínimo de 50% das materias en galego, e, por suposto a nova proposta que o PP lanzou, o decreto do plurilingüísmo, do que xa falamos con anterioridade que non conta co apoio dos órganos consultivos oficiais da Xunta de Galicia, nin tampouco do 90% do profesorado nin a maioría das forzas políticas xa que non asegura que ao rematar o proceso educativo os alumnos sexan igual de competentes nas dúas linguas de Galicia, o castelán e o galego.



Terra Galega

A historia deste partido político de Galiza é recentemente nova  xa que se formou en 2005 en Vigo coa unión dunha serie de partidos políticos ( Centro Democrático  Independente, Iniciativa Galega, Coalición Galega, Unidade por Narón outra serie de partidos que tiñan un total de 4 alcaldes e 64 concelleiros en 32 concellos galegos).

 Actualmente o seu presidente actual é Pablo Padín e o seu Secretario Xeral é Xermán Tobío. Padín foi reelixido nas ultimas eleccións do partido mentres que o anterior Secretario Xoán Gato foi substituído por Xermán Tobío .
Os valores de Terra Galega son :

1º Potencia a identidade nacional de Galicia defendendo os intereses históricos, culturais, lingüísticos e económicos en pé con equilibro  e igualdade doutros pobos do Estado Español e Europeo.

2º Este Partido defínese como unha forza política democrática galeguista,  Dentro da Constitución de Estatuto de Autonomía, cunha plena conciencia para unir nunha única  dirección a forza máis xenuína dos pobos que se organizan dende abaixo.

3º É un partido que defende a autonomía local.

4º Defende o concepto de ecoloxismo racional, moderno e imaxinativo que harmonice o progreso económico da nosa terra co mantemento dela e da riqueza do noso medio natural e a nosa calidade de vida.

5º Defende as liberdades individuais e colectivas nunha sociedade inspirada na igualdade  e solidariedade dos homes e mulleres en todos os ámbitos.

6º Outorga ao sector público galego peso prioritario en aspectos fundamentais para a sociedade galega, como a sanidade e a educación que deben orientarse á consecución dunha orde social máis xusta e solidaria para asegurar a todos os cidadáns unhas condicións de vida dignas.

7º Desexa implantar unha organización administrativa  moderna e eficaz,  de comarcas prósperas e pobres que marcan diferenzas que cómpre superar.

8º Aposta por facer unha sociedade de economía produtiva e competitiva, sostible, que incentive o esforzo e a creatividade para xerar riqueza e emprego, consolidando un entorno fiscal e laboral que favoreza novas iniciativas empresariais e da defensa das xustas reivindicacións dos traballadores e desenvolvemento das que existen para consolidar e fortalecer o estado do benestar.

9º  Traballa por unha sociedade máis xusta, solidaria e libre .


Partido Galeguista

O partido galeguista (PG) é un partido político galego con ideoloxía centrista que se formou no ano 2004. O seu secretario xeral é Manuel Soto, e o seu líder e candidato á presidencia da Xunta, Xesús Manuel Suárez.

Este partido defínese como o seu propio nome indica como galeguista ademais de nacionalista, demócrata, liberal e europeísta. Pese a que é un partido moi novo xa presentou candidaturas en 33 concellos nas eleccións municipais de 2007.

Conta coa participación de diversos galeguistas históricos como Antón Moreda ou Luís Taboada ademais de moitos dos militantes da antiga organización (Partido Galeguista 1985). Como homenaxe a Castelao tamén conta con escritores galeguistas como Avelino Abuín de Tembra e Manuel Dourado Deira.
Desde que se reorganizara no ano 2004, uníronse varias formación políticas máis pequenas que contribuíron a formar o que hoxe é o PG. Algunhas destas formacións son: , Redondeláns Adiante, Galicia Unida, Independentes por Cambados, Agrupación Dependentes de Cuntis, Independentes do Grove, Socialistas por Ourense, Converxencia por Vigo, Progresistas de Narón, Unidade por Narón e Identidade Galega. Estes últimos finalmente non completarían a súa integración dentro do partido pasando a formar parte de proxectos políticos distintos.

Os seus integrantes defenden que o galeguismo sufriu moitas agresións nos últimos 30 anos, e que se tenta manipular todo, como a súa terminoloxía sociocultural e política, os seus mártires e persoeiros, e incluso a súa propia liña política e historiografía.

Este partido ten o compromiso de traballar arreo para poder cambiar a historia da nosa nación e os obxectivos que se propoñen son construír o galeguismo do século XXI e conseguir erguer a Galicia ata igualala cos pobos europeos máis desenvolvidos.

Agora imos falar dalgunhas entidades de Galiza que traballan a prol da nosa lingua, cultura e normalización.

Antes de empezar co tema hai que distinguir entre plataforma e asociación: a asociación é unha organización legalizada que ten que presentar un estatuto á comunidade onde resida, para darlle o status legal. Ademais, unha asociación créase para traballar a largo prazo e en colaboración coa Administración. Por outra banda, a plataforma non está rexistrada e soen crearse para causas Progresistas Vigueses temporais e sen o control da Administración.  Así mesmo, isto prevén que as reivindicacións da plataforma sexan menos manipuladas polo concello, etc.


Queremos Galego
                                       
 Queremos Galego! é unha plataforma cidadá, formada por diferentes entidades; como o BNG ou a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG); ou por persoas individuais, que se creou para elaborar unha resposta en prol da lingua galega, defender o seu uso e os seus dereitos e desta maneira normalizala.

Nace grazas a reflexión colectiva ante a situación do galego, situación cada vez máis desfavorable mostrado polos resultados dos diferentes estudos realizados. Ademais, protestan polas medidas regresivas do actual goberno da Xunta ante a lingua.

Queren transformar a preocupación da actual política lingüística do goberno en enerxía en prol a defensa da linguas e deste xeito recoñecer a nosa cultura, e con ela a nosa lingua, ao mesmo nivel cas outras do planeta. Todo isto o fan coa convicción de que a sociedade galega non esta de acordo cos dereitos desprotexidos e as medidas regresivas impostas, senón, todo o seu traballo non tería sentido.

Esta plataforma cree que estamos nun momento decisivo para parar o decreto de plurilingüísmo que a Consellaría de Educación pretender levar a cabo no ensino xa que non consideran apropiado que despois de anos e anos de reivindicación e compromiso da sociedade y do profesorado que loitaba a prol do galego sexa botado por terra por un goberno galegófobo. Ademais de botar por terra todo o traballo feito pretender destruír a nosa lingua e a nosa cultura. Por esta razón esta plataforma, e outras tantas, non pararán de loitar polo galego ata que acade unha situación estable e respectada.

Obviamente esta plataforma, e as entidades restantes que están a favor do galego, non simpatizan moito co actual goberno da Xunta. Pero realmente non é que a xente que fan estas manifestación sexan nacionalistas ou revolucionarios. Todo o contrario, o goberno fixo medidas contra o galego dende que empezou a súa lexislación e a xente ve que a situación do galego váiselles das mans e necesitan facer algo para defendela e normalizala, aínda que o goberno non esta pola labor.

Nestes días a xente parece que colle conciencia desa situación perigosa e bótanse a rúa para intentar facer algo. Carlos Callón, presidente da asociación Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz de Queremos Galego!,  xa dixera no 2009 a Feijóo que tiña que defender a nosa lingua y escoitar a sociedade galega. Non o fixo e agora moitas entidades loitan en prol ao galego.
Sen ir máis lonxe, este 5 de maio representantes de Queremos galego!, entre eles Callón, levaron 4530 sinaturas ao Rexistro Xeral da Xunta de Galiza de profesores e profesoras rexeitando o actual decreto e manifestar a súa intención de seguir impartindo as clases en galego.

Todo isto polo decreto de plurilingüísmo e a prohibición de impartir as materias de ciencias en galego cousa que non se fixo en ningunha comunidade, nin ás gobernadas polo PP: negar á impartir clase co idioma propio.

Isto, obviamente, indigna á maioría do profesorado, que non vai deixar que ocorra xa que, se co vello decreto do 50% de uso do galego nas aulas non se cumpría, con este vaise cumprir aínda menos. Pero no acaba aquí o seu traballo: o 17 de maio, día das letras galegas, pensan levar a cabo unha manifestación en Compostela chamando a todo a sociedade galega en defensa do galego. Callón dixo que Feijóo non cría nas potencialidades do galego e non o defende, cousa que é totalmente ilóxica por parte de Feijóo sendo o presidente da Xunta de Galiza. Ademais, a meirande parte do problema é o famoso decretazo do 21 de xaneiro, e séguese manifestando por iso, e o presidente non fai nada por arranxar o seu erro. No canto de arranxalo, o que fai é usar cartos públicos para financiar o decreto que ninguén quere, o que provoca o enfado de moitas persoas.

Vendo este desfase e oídos xordos por parte de Feijóo, xa no 12 de abril, a delegación de Queremos galego! desprazouse ata Bruxelas para dar a coñecer a situación actual do galego e o proceso de agresión contra á súa normalización aos diferentes ámbitos da UE, UNESCO ou o Parlamento europeo. Expúxolles o “incumprimento” que está a facer o goberno coa lexislación vixente co seu decreto, o seu ataque aos dereitos lingüísticos e o retroceso na normalización de Galiza.

As últimos movementos que se fixeron, tanto por parte de Queremos galego! Ou por outras entidades, foron centrándose no decretazo e temos que retroceder ata a súa fundación para encontrar algunha noticia que non teña que ver con manifestacións e posturas en contra do decreto. Con esta información podemos dicir que Queremos galego! creouse a partir da instalación do dito decreto de plurilingüísmo e consegue ser unha da plataformas máis importantes da defensa do galego en medio ano.



Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística

Este órgano está formado por un total de 281 equipos de centros galegos (públicos, privados ou concertados) integrado por mestres e profesores dos distintos niveis, por alumnos (cando o permite a idade) e por representantes de persoal non docente (como é o caso dos pais e as nais).


O seu consello directivo, que foi elixido por asemblea xeral esta formado, entre outros por Valentina Formoso Gosende (coordinadora), Miguel Louzao Outeiro (vice-coordinador) e por  Ana Rial Aparicio (secretaria).

Esta organización leva moitos anos traballando a prol do galego, loitando para que os alumnos e alumnas poidan ser competentes na lingua oficial de Galiza usándoa normalmente. Actualmente o número de colaboradores que están integrados na coordinadora son 213 e calquera docente que comparta o seu ideario poden formar parte desta organización.

A asociación naceu en abril de 2009 coa intención de coordinar actividades dos equipos de normalización dos centros de toda Galicia que a forman.
Os obxectivos da coordinadora son os seguintes:

1.Contribuír ao fomento da lingua galega na comunidade educativa e no contorno social.
2.Organizar accións conxuntas para todos os ENDL para optimizar recursos e enerxías.
3.Potenciar o intercambio de experiencias.
4.Coordinar as actuacións entre os diferentes centros.
5.Contar cunha voz representativa do colectivo de ENDL nas relacións coas administracións (Xunta, deputacións, concellos, servizos de normalización, etc.).
6.Funcionar como plataforma de intercambio, tanto de actividades dos equipos como de formación, isto é, dinamizar e asesorar.
7.Ofrecerlle ao conxunto do colectivo materiais innovadores de apoio didáctico e recursos de interese.
8.Propiciar o encontro con persoas e organizacións vinculadas ás tarefas normalizadoras.
9.Visualizar na sociedade o traballo dos equipos a través de canles de divulgación e comunicación sólidas.
Entre algunhas das múltiples iniciativas que esta organización levou a cabo pódese salientar o manifesto que colgaron na súa páxina web onde mostran o seu desacordo coa intención do goberno da xunta de derrogar o Decreto 124/2007 onde se desenvolve o Plan xeral de normalización da lingua galega que fora aprobado no parlamento de Galicia. A coordinadora puxo a posibilidade de que calquera docente poida asinar en sinal de acordo con este manifesto e ata o de agora  xa asinaron 3481 profesores de toda Galicia.
Esta organización traballa para que o galego non desapareza, e que polo tanto, siga formando parte do noso patrimonio. Consideran moi importante que o alumnado sexa competente en galego ao remate do ensino obrigatorio, xa que, segundo algunhas estatísticas os rapaces que rematan a ESO poden comprender e falar nas dúas linguas oficiais  de Galicia (galego e castelán) pero non escriben coa mesma habilidade nas dúas linguas xa que a súa competencia na escrita do galego é moito peor ca en castelán, dato que hai que tentar arranxar. Con ese obxectivo, apostan para que nas aulas se lle ofrezan espazos de uso aos alumnos, sen discriminar en ningún caso aos rapaces galegofalantes e conseguindo desta maneira minimizar a perda de falantes que a nosa lingua está a experimentar.
En definitiva, conseguir que o alumnado se forme para, dende o galego, desenvolverse de xeito doado nunha Europa plurilingüe.


Resistência Galega

Resistência Galega é un grupo independentista radical que ten como obxectivo que se considere a Galiza como nación. Apareceu o 25 de xullo de 2005, xa que nese ano apareceu un manifesto asinado por Resistência Galega.
Este manifesto é unha chamada a loita violenta pola independencia, recrimínanse os incendios que soen ocorrer nos veráns a España, falase tamén de que non se pode conseguir a independencia de Galiza sen loitar. Cito textualmente un anaco do seu manifesto “Na Galiza, desde 1974, umha parte do nacionalismo galego compreendeu a necessidade de implementar formas de resistência nacional de carácter ilegal e de violência política ante um marco jurídico-político fechado e dogmático que impossibilita a voz soberana para a nossa naçom”; este grupo radical defende os dereitos dos traballadores alegando que na actualidade o goberno español adícase a destruír as fontes de recursos galegas para lograr así que Galicia dependa completamente de España e non teña recursos propios.

Decláranse autores de unha serie de atentados contra a infraestrutura do AVE preto de Santiago de Compostela e tamén de varios ataque contra sedes do PP. Pouco despois da aparición do Manifesto comezaron a aparecer por diversos lugares de Galiza unhas pintadas que podemos atopar en calquera lugar do noso territorio, frases como “Em Galiza em galego”, ou “Na Galiza em galego”, e seus membros decláranse autores destas pintadas.

5 días despois da aparición do manifesto, Galicia Confidencial.com colgou unha entrevista con Osbaldo Brea, un suposto membro de Resistência Galega, este home defende que non son unha guerrilla galega nin a ETA de Galiza. Se non que Resistência Galega é en si un conxunto de pequenos grupos organizados ao longo de Galiza e que non fan máis que terrorismo de baixa intensidade. O entrevistado Osbaldo recoñece que un dos seus obxectivos e rematar coa especulación inmobiliaria e que para isto necesitase un cambio total nas institucións de goberno de Galiza aínda que afirmou que con Quintana na Xunta a especulación reducírase bastante.


Mocidade pola lingua

Esta plataforma xurdiu o 24 de Xaneiro de 2009 , día no que celebrouse a primeira Asemblea Nacional en Vigo desta organización que reuniu a rapaces/zas de Galiza para defender a nosa lingua.
Esta convocatoria fixérase por " Foro da Mocidade de Vigo", esta entidade foi desenvolvendo unha labor na normalización lingüística galega moi importante dende a constitución,  ata o 2008 que acabou cunha folga no ensino e unhas manifestacións polas rúas de Vigo.

Dende a Segunda Asemblea conta cunha estrutura e realiza diversos actos a prol do idioma por todo o país.

Centra o seu labor en :

Monolingüísmo social como única saída viábel para o futuro do idioma.
Na denuncia dos incumprimentos recorrentes no ámbito do ensino.
Na superación da exigua lexislación que mantén o idioma desprotexido fronte as agresións continuas e planificadas.
No combate ao discurso supremacista dos sectores galegófogos que propugnan a segregación por razóns de idioma.(Combater asociacións como Galiza Bilingüe...)
Na denuncia de casos de discriminación que atentan contra os galegofalantes, tanto no ámbito administrativo como nas empresas privadas.
Na promoción do uso propio de Galiza, unha lingua viva, útil e de carácter internacional.
En centrar o traballo na cuestión do uso social e non normativo ( Real Academia Galega, Portal Galego da lingua)

Manifesto da Mocidade pola lingua

Na Galiza existe un conflito lingüístico: a substitución da nosa lingua propia polo español. Unha lingua allea foi imposta durante séculos polo poder político e económico e aínda hoxe conta con enormes privilexios legais e sociais, o que provoca un lento declive do uso galego que só é parcialmente freado polas iniciativas do movemento normalizador de base.

Na mocidade este feito é especialmente alarmante: por primeira vez na historia, a nosa xeración de mozas e mozos non temos como primeira lingua o galego.
O ensino é o principal axente desgaleguizador da xuventude. Unha lexislación de mínimos (o decreto 124/07) é sistematicamente incumprido coa complicidade da administración, o que provoca que miles de nenas e nenos galegofalantes abandonen a súa lingua ao remate do ensino obrigatorio e ao tempo impide que sectores xa españolizados adquiran un mínimo dominio do idioma do seu país.

Na Universidade, sen lexislación que ampare o galego, a situación é aínda peor, situándose o uso do galego nas aulas do ensino superior entre un ridículo 9% (UdC) e o 20% (USC) de media.

A inmensa maioría dos ámbitos de lecer xuvenil están completamente españolizados. Cinema, música, videoxogos, programas informáticos… Nestes ámbitos a presenza do galego é ínfima, ante a indiferenza ou mesmo a hostilidade das administracións e dos medios de comunicación, tamén totalmente españolizados.

A pesar disto, o galego segue a ser a primeira lingua do país, grazas á vontade colectiva do noso pobo por manter vivo o seu principal sinal de identidade. Calquera situación de conflito lingüístico entre dúas ou mais linguas pode resolverse coa desaparición da lingua mais débil ou ben coa normalización desta. Apostamos por esta última alternativa, no camiño do monolingüísmo social que nos traia a normalidade como pobo.

Aspiramos a unha Galiza na que toda a sociedade "e particularmente a mocidade" poda desenvolverse con plena normalidade no noso idioma. A nosa lingua nacional, e polo tanto a única que debe ser oficial, é o galego, e é partindo dela que debemos ver o mundo e coñecer outros idiomas e culturas.
Mocidade pola lingua convoca  unha manifestación o 12 de maio coa intención de obter unha serie de reivindicacións :

Obter unha comunidade monolingüe onde o galego sexa a única lingua en Galiza
Forte resposta contra o decreto do PP para defender ao galego dunha situación de pobreza.
O dereito a recibir a as clases na lingua galega .


Galicia Bilingüe

É unha asociación sen ánimo de lucro cuxo fin primordial é defender o dereito dos pais ou, no seu caso, dos alumnos a elixir a lingua vehicular na que estes han de ser educados e, en xeral, o dereito dos cidadáns a elixir en cal das dúas linguas oficiais a Administración ha de comunicarse con eles. Foi creada no ano 2007 co nome de “Tan gallego como el gallego” por Andrés Freire, filólogo clásico e profesor de lingua castelá. Eles mesmos se definían como unha plataforma de pais e profesores de primaria, secundaria e universidade contrario o decreto do galego proposto polo bipartito. Esta é a súa opinión sobre o galego no ensino:

O decreto que impón o galego como lingua vehicular na ensinanza publicitouse como o 50%, aparentando ser unha norma equitativa e igualmente respectuosa cos falantes das dúas linguas oficiais, pero a realidade e ben distinta. O decreto 124/2007 establece dúas premisas esenciais que implican a case absoluta prevalecía do galego, co evidente risco de descoñecemento do castelán:
- Como mínimo. O 50% das materias impartiranse en galego. Como máximo, o 50% en castelán. Cabe a posibilidade de que salvo lingua castelá e literatura todas as demais materias se impartan en galego, posibilidade que non existe a inversa. E ese 50% tamén e  aparente, xa que as materias de maior importancia académica impartiríanse en galego.
- Materias que se impartirán en galego obrigatoriamente, e materias que poderán impartirse en galego ou en castelán, segundo o decreto aprobado.
I - En educación primaria: as materias propostas para impartir unicamente en galego son; lingua galega, coñecemento do medio, matemáticas e educación para a cidadanía. Para que se impartan en galego ou castelán; educación física, educación artística, e relixión ou alternativa de relixión. Para impartir unicamente en castelán; lingua castelá. E en galego castelán ou inglés; inglés.
II - En educación secundaria: as materias propostas para a impartir en galego son; ciencias naturais, xeoloxía, bioloxía, física, química e matemáticas, ciencias sociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía e lingua galega. Para que se impartan en galego ou castelán; educación física, educación plástica, música, relixión ou alternativa de relixión, tecnoloxía e cultura clásica. Para impartir en castelán; lingua castelá. E en galego castelán ou no idioma que se ensina: francés e inglés.


Galeguizar Galiza

Galeguizar Galiza é un obxectivo que teñen certas entidades galegas para mellorar así a nosa comunidade. Estas entidades son : A  Asociación de Funcionarios para  a  Normalización lingüística, Irmandade Xurídica Galega, Fundación Lois Peña Nova, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Asociación Álvaro das Casas e Foro Enrique Peinador.

Asociación Funcionarios para a Normalización lingüística:

A  Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística ten as súas orixes dous anos antes,aproximadamente, da súa constitución formal, que foi en 1984. Previamente un grupo de funcionarios e funcionarias de administración local e da Xunta de Galicia, principiamos a traballar na galeguización dos procedementos administrativos. O Estatuto de Autonomía de Galicia servíanos de cobertura legal para desenvolver unha actividade que topeneaba cun ordenamento xurídico anterior no tempo, esgrimida constantemente polos funcionarios públicos, impedindo que as expectativas galeguizadoras manifestadas nos programas políticos se puidese concretar. As inercias xogaban na nosa contra. Malia estas resistencias as corporacións locais democráticas foron fundamentais para estender a lingua galega nos usos xurídicos.

A asemblea de concellos celebrada en maio de 1984, inspirada pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística co apoio do Concello de Santiago, aprobou un decálogo que recollía as orientacións básicas para normalizar a lingua galega nas administracións locais. Logo virían os cursos de lingua galega, a elaboración de vocabularios e formularios do procedemento administrativo, traballos sempre motivados polo entusiasmo daquel grupo pequeno de funcionarios e funcionarias.

O labor do Parlamento de Galicia, a instancias dalgúns deputados, fixo que se fose formando un pequeno ordenamento xurídico que definise o alcance da cooficialidade lingüística.

Todo o demais -servizos de normalización lingüística nos concellos e demais institucións públicas, ordenanzas reguladoras do uso da lingua galega, lei de normalización lingüística, normalización dos formularios notariais e procedementos xudiciais,etc.- débese en gran medida ao labor de insistencia e permanente traballo da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.

A finalidade da asociación é a defensa e promoción da lingua galega no territorio de Galicia, especialmente no ámbito das Administracións públicas.
Esta asociación desenvolverá a súa actividade fundamentalmente no territorio galego, sen prexuízo dos actos de colaboración e coordinación que para o mellor cumprimento do seu obxectivo poida levar a efecto con outras entidades fóra de Galicia.

A Irmandade Xurídica Galega vai procurar levar a cabo diversas accións encamiñadas a levar o espírito normalizador aos colexios de avogados, procuradores, notarios e rexistradores e cantas asociacións e sindicatos teñan o eido do Dereito como escenario das súas actividades profesionais. Porase especial énfase en encontros e acordos coas escolas de prácticas xurídicas e facultades de Dereito, sen esquecer institucións académicas para a formación de policías e funcionarios xudiciais. A todas elas ofreceránselles iniciativas para facer real e efectiva a cooficialidade lingüística a partir dunha formación curricular que informe e oriente a eses profesionais no uso da linguaxe xurídica e coñecemento da existencia do Dereito Lingüístico.

Fundación Lois Peña:

No ano 1995 créanse os Premios Lois Peña Novo para animar, alentar e incentivar a aquelas persoas que traballan arreo polo normalización, case sempre sen apoio e incluso sen medios.

Esta asociación ten como obxectivos promocionar e difundir a lingua e a cultura galega dentro das administracións públicas ou entre as empresas que manteñan relación directa coas Administracións Públicas.

A Fundación foi declarada de interese cultural pola Xunta de Galicia e está rexistrada co núm. 55 no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e os seus orzamentos nútrense das achegas que introducen que a través de subvencións ou doazóns dos seus membros fundadores ou colaboradores .



A  Asociación de Amigos do Couto Mixto:

En 1998 creouse a Asociación de Amigos do Couto Mixto coa finalidade de recuperar a súa memoria histórica. Forman parte desta Asociación persoeiros da cultura galega como Luís García Mañá, Xosé González Martínez, Carlos Varela García, Xosé Benito Reza Rodríguez, Xesús Ferro Ruibal, etc...
Desde o ano 2000, esta Asociación nomea anualmente aos xuíces honorarios entre as personalidades ou organizacións que destaquen no seu labor cultural e etnográfico. Aos nomeados entréganlle simbolicamente unha chave que lembra a que portaban os homes de acordo.

Outras finalidades da Asociación de Amigos do Couto Mixto son o desenvolvemento de actividades culturais (como os cursos de verán celebrados en colaboración coas universidades de Vigo e de Tras-os-Montes), o proxecto dun Museo Aberto do Couto Mixto (en colaboración co concello de Calvos) e a publicación de diferentes estudos de investigación (como o Inventario microtoponímico do Couto Mixto).

A Asociación Álvaro das Casas:

Recupera a figura de Álvaro das Casas e promove o teatro e as artes escénicas, a educación no respecto ó medio ambiente, e o fomento do amor a Galicia na mocidade.

O 8 de marzo de 1950 morría en Barcelona Álvaro de las Casas Blanco. Unha personalidade senlleira da cultura galega do primeiro terzo do século XX. É, sen lugar a dúbidas, un dos homes que máis se significou a prol da recuperación da identidade cultural galega a carón doutros da súa época e pertencentes ás Xeración Nós.

O Foro Enrique Peinador:

Xorde nun intre de especial relevo no acontecer histórico de Galicia co obxectivo de incentivar o diálogo entre a economía e a galeguidade, e coordinar o ideario e as exitosas experiencias que se levaron a cabo na nosa Terra e naqueles territorios onde os actores económicos desenvolven o seu pulo empresarial.

Na actualidade, como continuidade do esforzo teimudo que a sociedade galega vén desenvolvendo a prol da pervivencia dos nosos signos e valores identitarios, e da vontade de constituírmonos nun país con personalidade propia no contexto dos pobos do mundo que afirman o seu dereito á diferenza, consideramos relevante afirmar desde o mundo económico a urxencia de conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso, e reforzar a súa presenza en sectores estratéxicos determinantes para o éxito social e afirmación como pobo.


Os seus Obxectivos son :

1.A xeneralización do uso da lingua galega en todos os niveis da empresa, comezando polo cadros de dirección.

2.O uso do galego como lingua de traballo e das comunicacións internas.

3.O uso do galego nos documentos de traballo da empresa.

4.A dispoñibilidade de produtos informáticos e o uso do galego no sistema informático.

5.O uso do galego na rotulación interna do lugar de traballo.

6.Recoñecer os dereitos lingüísticos dos traballadores, usuarios e consumidores, fomentando o uso da lingua galega nos convenios colectivos, etiquetaxe e publicidade dos produtos.



A Mesa pola Normalización Lingüística

É unha plataforma independente, plural e apartidaria que ten como obxectivo a promoción da nosa lingua naqueles ámbitos de vida normais para calquera outro idioma. Os seus integrantes loitan pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega e para iso emprenden iniciativas para sensibilizar á poboación e así abrir novas vías de uso do noso idioma en distintos ámbitos, denuncian as agresións e discriminacións que poida sufrir  a nosa lingua e aseguran que se respecte o seu uso tanto individual coma colectivo.

Naceu en abril de 1986 cando diversas asociacións convocaron un “Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística” onde se reuniron arredor de 500 asistentes. Despois desta xuntanza acordouse constituír unha Mesa Permanente para a Normalización Lingüística que se encargaría de por en práctica as conclusións daquel encontro.

Esta plataforma conseguiu ter gran relevancia en decembro de 1987. Nesa data, o goberno central pediu ao goberno galego que se retirase o esencial da orde do 31 de agosto de 1987 onde se incorporaba o galego como lingua vehicular no ensino. A MESA convocou a diversos órganos (como institucións, asociacións cívicas, APAs, sindicatos, organizacións políticas e en definitiva a toda a cidadanía) para facer unha mobilización o 13 de decembro para conseguir defender o proceso de normalización lingüística no ensino, co lema “Aprender en galego non é un delito”. Segundo datos oficiais, esta manifestación congregou a máis de 25.000 persoas.

Na actualidade a súa actividade desenvólvese no campo do ensino, a toponimia, o comercio e a empresa, a administración, a banca, o galego no exterior e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é Carlos Callón, do que xa falamos con anterioridade cando nos referimos á organización Queremos Galego, da que tamén forma parte, e hoxe en día a MESA é un plataforma consolidada, que está implantada en toda Galicia, que desenvolveu campañas e denuncias dende o seu nacemento, que conta con máis de 3000 socios e socias e que ten unha repercusión social moi importante.