glosario

Bilingüismo:Capacidade dun individuo para desenvolverse en dúas linguas.O bilingüismo social perfecto non existe, pois é un fenómeno individual.

 

Exemplo: Quebec.

 

 

 

 

Cambio lingüístico:1.Proceso de modificación e transformación que, grazas á evolución das distintas variedades lingüísticas (xeográficas, históricas, socio-culturais e de situación), se produce nunha lingua.2.Proceso polo cal un falante ou sociedade cambia de lingua como consecuencia de factores extralingüísticos.

 

Exemplo 1:Non é igual o galego de hoxe que o do século XVII, nin tampouco o de Vigo que o de Camariñas, nin tampouco o que se usa cando falamos nunha conferencias que cos amigos,...

 

Exemplo 2:Cando unha persoa decide que o galego pase a ser a súa lingua habitual despois de tomar consciencia da situación da lingua.

 

 

 

 

 

Colingüísmo:Fenómeno a través do cal un territorio que ten dúas ou máis linguas mantén espazos xeográficos diferenciados para cada unha delas. Non hai competencia lingüística porque en cada espazo ocupan todos os eidos. É un fenómeno social.

 

Exemplo:Bélxica

 

 

 

 

Conflito lingüístico:Tensión producida entre dúas linguas dentro dun territorio por asumir unha serie de funcións entre elas, desprazando unha á outra polo control das funcións sociais e o número de falantes. En teoría, nun territorio multilingüe sempre se produce conflito lingüístico.

 

Exemplo: Galicia.

 

 

 

 

Contacto lingüístico:Relación de convivencia entre dúas ou máis linguas nun mesmo territorio.

 

Exemplo:Galicia ten unha situación de contacto lingüístico pois nela conviven dúas linguas, galego e castelán.

 

 

 

 

Cooficialidade:Dúas ou máis linguas compartindo a categoría oficial nun mesmo territorio.

 

Exemplo:Galego e Castelán son linguas oficias de Galicia, polo que son cooficiais dese mesmo territorio.

 

 

 

 

Dialecto:1.Cada unha das variedades lingüísticas que presenta unha lingua, e que se asocian a un determinado territorio xeográfico.2.Variedade lingüística, simultánea a outra, pero que non acada a categoría social de lingua.

 

Exemplo 1: Falamos diferente galego en Gondomar que en Ribadeo.

 

Exemplo 2:Nos Séculos Escuros considerábase que o galego era un castelán mal falado, unha variedade que non chegaba á categoría de lingua.

 

 

 

 

Diglosia:Situación de contacto entre dúas linguas caracterizada pola perda de prestixio e usos dunha lingua (a lingua B) en prol doutra (lingua A).

 

Exemplo:O castelán (A) é unha lingua máis prestixiada que o galego (B), pois en xeral ocupa os eidos e situacións de maior prestixio social.

 

 

 

 

Ecolingüística:ver Ecoloxía Lingüística.

 

 

 

 

Ecoloxía lingüística:Aproximación teórica ó estudo das linguas e dos discursos que estas vehiculan. Esta corrente valoriza a linguodiversidade como un ben a preservar, da mesma maneira que acontece cos valores naturais e coa diversidade biolóxica. A necesidade de preservar esta diversidade como parte do patrimonio histórico e cultural da humanidade está fundamentada no valor das linguas atendendo a argumentos como a contribución que supoñen a suma e aumento do saber humano, a que constitúen un interesante obxecto de estudo ou a que son expresión da identidade individual e colectiva ademais de ser depositarias da historia e da comunidade que as orixinou.

 

 

 

 

 

Glotofaxia lingüística:Proceso político-social polo cal unha lingua pasa a ocupar o lugar doutra nunha sociedade, e que remata cunha desaparición total ou parcial da lingua inicial.

 

Exemplo:A presenza do inglés, francés ou castelán en determinadas zonas xeográficas fixeron que se perderan as linguas nativas que había antes da súa chegada.

 

 

 

 

 

Lingua:Sistema de signos que emprega unha comunidade para comunicarse entre si. Consta dunhas regras e elementos finitos, que se poden combinar de diferentes xeitos creando infinidade de mensaxes.

 

Exemplo:italiano, romanés, alemán,...

 

 

 

 

 

Lingua Estándar:Variedade da lingua creada de xeito artificial e planificado a partir das diferentes variedades da lingua que serve para obter un modelo de lingua unitario.

 

Exemplo:o galego que aparece nasNormas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego.

 

 

 

 

Lingua Franca:Lingua adoptada para chegar a un entendemento común entre persoas que non teñen a mesma lingua materna. A aceptación pode deberse a mutuo acordo ou a cuestións políticas, económicas, etc.

 

Exemplo:Hoxe en día este lugar ocúpao o inglés, que se usa para todo tipo de situacións e circunstancias.

 

 

 

 

 

Lingua Habitual:Lingua que emprega un falante na súa comunicación diaria.

 

Exemplo: O galego para un galego-falante, o castelán para un castelán-falante,...

 

 

 

 

Lingua Maioritaria:lingua de uso xeneralizado e que polo tanto, posúe o maior número de falantes dun territorio no que conviven polo menos dúas linguas. Soe coincidir coa lingua estándar, culta ou de prestixio.

 

Exemplo:O galego en Galiza pois é falado polo 56% da poboación.

 

 

 

 

Lingua Maiorizada:Lingua que conta cun gran prestixio social nun territorio no que se asentan polo menos dúas variedades lingüísticas.

 

Exemplo:O castelán en Galicia pois ocupa unha posición de prestixio.

 

 

 

 

Lingua Minoritaria:Lingua que conta cun reducido número de falantes.

 

Exemplo:O castelán en Galicia, pois ten menos falantes que o galego.

 

 

 

 

Lingua Minorizada:Lingua que conta cun baixo prestixio social nun territorio no que se asentan polo menos dúas variedades lingüísticas. Sóenselle negar as condicións para poder desenvolverse con normalidade.

 

Exemplo:O galego en Galicia, pois ocupa un lugar de menos prestixio que o castelán.

 

 

 

 

Lingua vehicular:1.Ver Lingua Habitual.2.Ver Lingua Franca.

 

 

 

 

 

Multilingüismo: 1.Capacidade dun individuo ou dunha sociedade para desenvolverse en máis dunha lingua. 2.Ver Contacto Lingüístico.

 

Exemplo 1:Un/ha galego/a que domine o castelán e o galego.

 

 

 

 

Normalización:Proceso polo cal se pretende influír na consideración que dunha lingua teñen os membros dunha sociedade, buscando que se converta no vehículo habitual de comunicación entre eles en todos e cada un dos eidos da mesma.

 

Exemplo:campañas de comunicación, concursos ou premios que se fan para que a xente fale o galego.

 

 

 

 

 

Normativización:Proceso polo cal se dota a unha lingua dun conxunto de normas ortográficas e morfolóxicas para acadar o asentamento dunha variante estándar para o seu uso formal ou institucional.

 

Exemplo:En 1982 foron aprobadas asNormas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, editadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega, e que constitúen o texto base para a aprendizaxe da nosa lingua.

 

 

 

 

Plurilingüismo: 1.Capacidade dun individuo ou dunha sociedade para desenvolverse en máis dunha lingua.2.Ver Contacto Lingüístico.

 

Exemplo 1:Un/ha galego/a que domine o castelán e o galego.

 

 

 

 

Prexuízos lingüísticos:Xuízos de valor sen base suficiente emitidos sobre unha lingua ou sobre os falantes dela co propósito de provocar o seu rexeitamento.

 

Exemplo:Que o galego non é unha lingua tan útil como o castelán, a pesar de que a maioría dos galegos e galegas rematan traballando en Galicia e o maior empregador de Galicia é a Xunta que esixe saber galego para estar empregado/a nela.

 

 

 

 

 

Xenocidio Lingüístico:ver Glotofaxia Lingüística.