quen somos

Somos alumn@s de 1º de Bacharelato do IES Pedro Floriani de Redondela. Esta páxina é resultado do traballo de investigación, información e formación que entre tod@s fixemos ao longo do presente curso 2009/2010. É un proxecto que entre tod@s levamos adiante e que pretendemos que continúe ano tras ano. A nosa intención é que esta páxina se converta nun punto do que abrollen centos de ideas que contribúan a protexer e espallar o galego a todos e cada un dos recunchos da nosa sociedade.